No día de onte, 19 de setembro, celebrouse a Xornada de Benvida á Universidade da Coruña - UDC. Foi unha Xornada na que se compartiron diferentes actividades deportivas, culturais e medioambientais. Fundación y Asociación LAR Pro Salud Mental asistiron e participaron nesta Xornada de Benvida colocando un posto informativo con todos os programas levados a cabo en LAR e realizando diferentes xogos e actividades de sensibilización para os asistentes ó evento, tanto no Campus de Esteiro, en Ferrol, nos xardíns do campus e no Campus de Elviña, en A Coruña. Agradecemos ós/ás estudantes que participaron e acudiron, pola súa implicación nas actividades de sensibilización en Saúde Mental e o seu interese nos programas que se ofrecen en LAR, os cales tiveron unha gran acollida.