Este pasado martes día 10 de setembro, un total de 50 persoas usuarias e traballadoras da Fundación LAR Pro Saúde Mental participaron no Programa “+ Convivencia / Coñece Pontevedra”, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, con actividades relacionadas coa arquitectura civil, relixiosa, popular e etnográfica da cidade de Pontevedra.
Durante toda a xornada, puideron percorrer a cidade, de orixe romano, que conta co centro histórico máis importante de Galicia (despois do de Santiago de Compostela). A través dun itinerario guiado, visitaron Edificios do século XIX (Concello e Deputación Provincial, ruínas da Igreza de Santo Domingo (destruida polas tropas inglesas no século XVIII) e as da muralla medieval; Santa María a Maior (un dos templos máis significativos da cidade), a estatua conmemorativa e as rúas polas que paseaba o dramaturgo e novelista Valle Inclán, a Praza do Teuco e Praza da Herrería, na que se atopan dous dos monumentos máis emblemáticos de Pontevedra (Convento de San Francisco e a Igrexa da Virxe da Peregrina), o Pazo de Mugartegui (barroco, que data do século XVIII), o famoso Loro Ravachol, protagonista cultural e social das festas do Entroido e varios Cruceiros da cidade.
Queremos agradecer novamente á Deputación de Pontevedra, en especial ó Presidente da Deputación, Luis López Lugues, e ós deputados provinciais Sandra Bastos e Javier Tourís, pola súa axuda e atención á nosa Entidade e labor, así como polos agasallos entregados ás persoas participantes. ¡Foi unha xornada moi enriquecedora!
Noticia CanalArousa